21 mayo 2014

Vida, una cachorreta guapísima necesita familia

ADOPTADA

El mes que viene a Vida se le termina su acogida, necesitamos encontrar una nueva familia para ella, a poder ser definitiva, eso sería lo ideal.
¿Estás pensando en aumentar la fammilia? pues no lo dudes, dale una oportunidad,que es guapa salta a la vista, y esta es la información que nos da su casa de acogida:
"Cando decidimos acoller a Vida non nos imaxinabamos que era posible namorarse tan pronto dun animal. Se poideramos adoptala non o dubidariamos, porque non coñecemos unha cadela máis doce e cariñosa. 
Gústalle despertarte polas mañás dándote coa patiña ou dándoche lambetóns, e cando ve que abres os ollos, ponse moi contenta de ver que xa estás esperta.
Da a patiña para pedir as cousas, e déitase á orde "déitate" e senta á orde "sit". 
Vai ben á correa (a curta, a extensible non lle gusta nada) a non ser que vexa pombas, que lle entra o espírito cazador. 
Lévase ben con todos os cans do bairro, é a chica popular. Xoga con todos eles e non ten medo de ningún, especialmente encántalle xogar cos grandes, porque son os que lle deixan brincar máis por riba deles.
Encántalle correr polo monte e meterse no río. É moi activa.
Dalle medo a ducha, pero déixase facer. Os seus máximos medos son o secador de pelo e a fregona. Non é nada ladradora: como moito, se escoita ruidos perto da porta solta un par de ladridos, pero nada máis (os veciños nin sabían que vivía aquí). Pórtase ben cando queda soa (a non ser que deixes ao seu alcance papel hixiénico, que o destrúe), entretense moito co kong e cos seus xoguetes.
É moi cariñosa, encántanlle os mimos e estar con persoas (se pode ser no seu colo deitada, mellor!). Túmbase nos teus pes mentras estudas, mentras cociñas, ou ó teu lado mentres ves unha serie e se pode recibir un mimo, xa está contenta... Sempre quere estar contigo. Gústalle moito a xente (ainda que non te coñeza, alégrase de verte e ata se che sube da emoción), especialmente os nenos, adóraos e xoga con eles sempre que pode.

En definitiva, é unha cadela doce e cariñosa, quen lle dea unha oportunidade nunca se vai arrepentir."

1 comentario: